Danza - Dolores Mayán

Danza - Dolores Mayán
Escuela BSdanza
Mostrando entradas con la etiqueta Certame de Danza Intercentros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Certame de Danza Intercentros. Mostrar todas las entradas

CERTAME DANZA INTERCENTROS

  DOLORES MAYÁN















"Compostela en Danza"



VII Certame de Danza Intercentros











Máis de 170 bailarinas de entre 3 e 18 anos amosaron ao público o froito do traballo en torno á danza realizado ao longo do curso no VII Certame de Danza Intercentros, enmarcado no programa Compostela en Danza. A sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia.











Participaron cinco centro escolares: Colexio San José de Cluny, do CEIP Pío XII, IES Arcebispo Xelmírez I, IES Rosalía de Castro e CEIP López Ferreiro. Representaron 16 coreografías das profesoras, EVA CANCIO, BEATRIZ VIÑAL, SILVIA MIRAMONTES, MEMÉ MARTINEZ, dos máis diversos estilos clásicos e modernos.







A danza como recurso formativo:
 
O Certame de Danza Intercentros quere seguir impulsando e apoiando o traballo que se está a realizar no eido da danza en educación infantil, primaria e secundaria. Logo de sete edicións, son moitos os alumnos e alumnas dos centros de ensino da cidade que participan nesta actividade de promoción da danza.




 



 Dende o punto de vista pedagóxico, a danza pode ser un recurso moi importante para a formación dos alumnos e alumnas. A través desta modalidade artística, poñen de manifesto a súa dimensión corporal, cognitiva e afectivo-social. Nas clases trabállase a musicalidade, o ritmo, a expresión corporal, a elasticidade, a resistencia, a forza, a axilidade, o control corporal, a coordinación, o equilibrio, a corrección postural, a memoria, a sociabilización, a superación da timidez, a relaxación, a confianza e a autoestima. 






El Auditorio acogió el Certame de Danza Intercentros con 16 coreografías y 173 bailarinas


Free counter and web stats Blogs Bang