DOLORES MAYÁN
O Certame de Danza Intercentros quere seguir impulsando e apoiando o traballo que se está a realizar no eido da danza en educación infantil, primaria e secundaria. Logo de sete edicións, son moitos os alumnos e alumnas dos centros de ensino da cidade que participan nesta actividade de promoción da danza.
"Compostela en Danza"
VII Certame de Danza Intercentros
Máis de 170 bailarinas de entre 3 e 18 anos amosaron ao público o froito
do traballo en torno á danza realizado ao longo do curso no VII Certame
de Danza Intercentros, enmarcado no programa Compostela en Danza. A
sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia.
Participaron cinco centro escolares: Colexio San José de Cluny, do CEIP
Pío XII, IES Arcebispo Xelmírez I, IES Rosalía de Castro e CEIP López
Ferreiro. Representaron 16 coreografías das profesoras, EVA CANCIO, BEATRIZ VIÑAL, SILVIA MIRAMONTES, MEMÉ MARTINEZ, dos máis diversos estilos
clásicos e modernos.
A danza como recurso formativo:
O Certame de Danza Intercentros quere seguir impulsando e apoiando o traballo que se está a realizar no eido da danza en educación infantil, primaria e secundaria. Logo de sete edicións, son moitos os alumnos e alumnas dos centros de ensino da cidade que participan nesta actividade de promoción da danza.
Dende o punto de vista pedagóxico, a danza pode ser un recurso moi
importante para a formación dos alumnos e alumnas. A través desta
modalidade artística, poñen de manifesto a súa dimensión corporal,
cognitiva e afectivo-social. Nas clases trabállase a musicalidade, o
ritmo, a expresión corporal, a elasticidade, a resistencia, a forza, a
axilidade, o control corporal, a coordinación, o equilibrio, a
corrección postural, a memoria, a sociabilización, a superación da
timidez, a relaxación, a confianza e a autoestima.
1 comentario:
Gracias por la entrada! es muy profesional y sentida! y las fotos son preciosas!! Da gusto saber que profesionales como vosotros dan cabida y orgullo a nuestra profesión y trabajo. Un abrazo muy fuerte! Silvia
Publicar un comentario