MIT
Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
25 Aniversario
Rolda de prensa celebrada no Salón Teatro de Santiago de Compostela o día 17/06/2009
PROGRAMACIÓN
A celebración do XXV aniversario da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia quere facer, tamén dende a programación, unha homenaxe e unha retrospectiva dos artistas e profesionais que forman parte da súa historia, pero sen esquecer o seu carácter internacional, a aposta por grupos que pisarán por vez primeira este histórico escenario e a conexión coa lusofonía.
Ao espectáculo de inauguración, Splash, de La Fura dels Baus, programado na área deportiva do Xestal, seguiranlle, na liña da retrospectiva, Teatro Corsario, con El Caballero de Olmedo (creado para o 4o centenario de El Arte Nuevo de hacer comedias, despois da súa estrea en Olmedo e tras pasar por Almagro, chega directamente a Ribadavia) Atalaya, con Ariadna (espectáculo de celebración dos 25 anos da compañía, Premio Nacional de Teatro e ADE á mellor escenografía) Sarabela Teatro, con Dáme Veleno ou Teatro Meridional con Camping (espectáculo de rúa dirixido por Álvaro Lavín onde os espectadores rodean o desenvolvemento de sitaucións paródicas dunha parella).
Haberá espectáculos de procedencia francesa, italiana, portuguesa, franco-coreana, brasileira, etc. Algúns exemplos de espectáculos que poñen de manifesto o afán internacional da Mostra son: De homem para homem. Arena Ensemble. Portugal. (Unha das máis recoñecidas actrices de Portugal, Beatriz Batarda, protagoniza un dos mellores traballos dirixidos por Carlos Aladro a partir do texto dun dos dramaturgos alemáns contemporáneos máis interesantes: Manfred Karge). Blik. Monsier et Madame O, La Volga e Homo Ludens. Francia e Corea (comedia burlesca, visual e sen palabras que recrea un posto fronteirizo entre dous países e o inexorable aburrimento e deseperanza de dous soldados) ou as extravagancias cómicas e virtuosas de S.M.S (Strange Music Symphony). Microband, Italia. Os tres exemplos constitúen ademais un paradigma de diversidade de linguaxes escénicas: xestual, musical e textual; drama e comedia.
Os espectáculos de rúa e infantís sempre tiveron un papel importante na MIT, que seguirá a atender co obxectivo de atraer a novos públicos ao teatro. Alicia tras o espello, de Réplika Teatro, dirixida por Iaroslaw Bielski e con vestiario de Agatha Ruiz de la Prada será unha das ofertas infantís máis interesantes.
Na Igrexa da Magdalena e na Casa da Cultura combinaranse espectáculos de obxectos con aforo limitado a 50 persoas como La casa del abuelo, de la Rous (Premio Feten 2009), con espectáculos máis multidisplinares sobre a poética urbana e a problemática contemporánea, como é Madrid Laberinto XXI, de Metatarso, con actividades paralelas como un curso co director Will Keen, lecturas dramatizadas, etc.
Tamén se seguirá incidindo na programación satélite polas aldeas de Ribadavia, con espectáculos de circo, acrobacia ou danza, da man, entre outros de PistaCatro.
PREMIO DE HONRA ABRENTE
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia decide conceder o Premio de Honra Abrente 2009 ao Centro Dramático Galego no seu XXV aniversario polo seu importante papel na configuración do teatro galego contemporáneo, pola súa defensa da creación dramática en lingua galega, pola contribución á progresiva normalización cultural e pola súa adicación, como institución pública, á posta en valor de novos axentes creadores e profesionais. O Premio de Honra Abrente quere poñer de relevo os esforzos, os afáns, os servizos e os desexos por avanzar no soño dun futuro teatro nacional que sexa capaz de ocupar, polo seu rigor e innovación, un lugar de referencia, interna e externamente, nas artes escénicas.
http://mitribadavia.comLa Fura dels Baus hará nacer a 60 actores de "la placenta" de la Mostra de Ribadavia
"Se trata de un espectáculo acrobático con grúas altas y 60 actores en escena. Todos ellos irán representando el cuarto de siglo de la MIT", explicó.
En la obra, como primera imagen, una placenta, símbolo del nacimiento "de la capital del teatro de Galicia". En la segunda escena, un botafumeiro con actores santificando la salida del vientre materno; para posteriormente aparecer 44 humanos unidos en forma de red para simbolizar que "la unión hace la fuerza". Como broche, una gran bola gigante de telas y personas en movimiento para evidenciar el deseo de "un futuro con ilusión".farodevigo.es